Laracha cambiar verbenas por cultura para toda a familia
Do venres ao domingo, coincidindo coas datas nas que se celebrarían as Festas Patronais da Laracha, o Concello organiza un amplo programa cultural. A praza Olonne sur Mer (explanada fronte á biblioteca municipal da Laracha) convertirase no epicentro das actividades, e as verbenas deixarán paso a eventos máis íntimos.
O venres 14 iniciarase o programa ás 20:00 horas con Diversidarte. Festival das artes inclusivas a cargo da asociación sen ánimo de lucro Poten100mos.
A continuación, desde as 22:00 horas subirase ao escenario o polifacético artista galego Cándido Pazó, que nesta ocasión trae á Laracha o seu monólogo humorístico “Botando a lingua a pastar”.
O sábado día 15, o Día Grande, a partir das 12:00 horas haberá un pasarrúas a cargo da banda de gaitas da Agrupación Folclórica San Xiao do Trebo. Pola tarde teremos propostas para o público familiar. Ás 19:00 horas, o espectáculo de rúa Forzu2+aéreos a cargo de Circo Chosco e, a continuación, desde as 20:00 horas, un pasacalle con Os Bolechas.
O domingo pecharase a programación con outras dúas propostas. Ás 19:00 horas, espectáculo de rúa con A gran viaxe de Inventi Teatro. E, por último, ás 21:30 horas ofrecerase o espectáculo humorístico Improchou das Izquierdo Sisters.
Carlos Núñez
O programa continúa o seguinte o domingo 23 de agosto cun concerto de Carlos Núñez no mosteiro de San Pedro de Soandres, dentro da xira Lugares máxicos do músico galego. O evento organízase no marco do programa Cultura no Camiño, contando coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello da Laracha.
As entradas xa están dispoñibles na web Ataquilla.com ao prezo de 20 euros máis os gastos de xestión. Debido ao lugar de celebración do evento e ás medidas de seguridade que se cumprirán estritamente, o número de entradas que sairán á venda será reducido Campamento multiactivo, paddle surf, kaiak, barranquismo e travesías en barco son as cinco propostas que faltan por realizarse. AÍNDA QUEDAN PRAZAS DISPOÑIBLES NAS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS DE VERÁN QUE RESTAN POR DESENVOLVERSE As prazas outórganse por orde de inscrición. 7 de agosto de 2020. Ata finais do mes de agosto desenvolveranse as cinco actividades culturais e deportivas do programa de verán que restan por levarse a cabo. En todas elas aínda quedan prazas dispoñibles, que serán outorgadas por orde de inscrición, polo que se recomenda ás persoas interesadas que acudan o antes posible ao Concello para anotarse. Ao longo da próxima semana, do luns ao venres, terá lugar a última quenda do campamento multiactivo que se realiza nas instalacións do complexo deportivo do campo de fútbol e pavillón municipais da Laracha e que vai dirixido a rapaces de entre 8 e 12 anos de idade. Nos cinco días, entre as 10 e as 14 horas, realizaranse diferentes actividades culturais, deportivas e de ocio adaptadas ás idades dos participantes, que serán repartidos en grupos dun máximo de dez nenos para cumprir coas medidas de seguridade. A inscrición é gratuíta. Este martes, 11 de agosto, ofértase a posibilidade de practicar paddle surf no porto de Caión a persoas maiores de 10 anos de idade e que saiban nadar. Hai dúas quenda dispoñibles de dúas horas de duración cada unha, comezando unha delas ás 10 e a outra as 12 da mañá. O custo da inscrición é de 15 euros. O seguinte martes, 18 de agosto, poderase practicar kaiak tamén no porto de Caión. A actividade ten os mesmos requisitos, horario e custo que a de paddle surf. O xoves 20 realizarase unha saída ao río Almofrei, en Pontevedra, para practicar barranquismo. Pódense inscribir persoas maiores de 12 anos e as prazas están limitadas a 20 participantes. A saída desde a Praza do Concello será ás 10 da mañá e o regreso, ás 6 da tarde. O custo da inscrición é de 12 euros. Por último, o mércores 26 de agosto realizaranse travesías en barco pola costa de Caión. Hai dispoñibles tres quendas de unha hora de duración e seis prazas en cada unha. As saídas son ás 10:30, 11:30 e 12:30 horas.