Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laracha engade 1 millón de euros do remanente aos Orzamentos

3 minutos de silencio gardáronse ao comezo do pleno da Laracha
Laracha engade 1 millón de euros do remanente aos Orzamentos

Volvía o pasado venres ao salón de plenos o pleno da Laracha, e volvía con tres minutos de silencio en sinal de loito e respecto polas vítimas mortais da violencia de xénero -7 en España no que va de ano-, do coronavirus e do conflito bélico en Ucraína.

O punto máis importante da sesión ordinaria do mes de marzo foi aprobar, coa abstención do BNG, a incorporación aos orzamentos, aprobados en xaneiro, de case millón de euros do remanente.
Un millón que se empregará para melloras viarias; para a execución da obra de urbanización da estrada entre Bos Aires e O Pereiro que dá acceso ao CEIP Otero Pedrayo; para adecuar o entorno do IES Agra de Leborís; acondicionar aparcamentos públicos na Laracha e en Paiosaco; para crear dous novos parques infantís nas parroquias de Soandres e Erboedo; para mellorar edificios municipais; para reforzar a seguridade na rede viaria con sinalización vertical e horizontal, e para adquirir mobiliario urbano e continuar co esenvolvemento do proxecto de recuperación de topónimos e renumeración das vivendas en núcleos rurais.

Antes tivo lugar a dación de contas, da liquidación do exercicio económico 2021, que se pecha con 9.966.619,30 euros de ingresos, 9.819.827,56 de gastos (por tanto, cun resultado orzamentario positivo de 146.791,74 euros) e cun remanente de tesourería de 1.937.833,18 euros.

Outras aprobacións

Ademais, quedan consignados fondos nos orzamentos para a promoción do turismo coa homologación e sinalización de rutas de sendeirismo e, tamén, para reforzar ás subvencións nominativas ás Comisións de Festas.

Tamén foron aprobadas con carácter inicial –en ambos casos, coa abstención do BNG- dúas novas ordenanzas municipais. Unha delas é a do novo “Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha”, que engloba, adapta e regula o funcionamento dos servizos municipais de aula lúdica e Madrugadores.

A outra é a reguladora do funcionamento e admisión no viveiro municipal de empresas situado no polígono industrial e que ofrece aos emprendedores laracheses a oportunidade de dispoñer dun espazo físico –naves industriais e oficinas- e as condicións e servizos precisos para a implantación inicial e a consolidación da súa actividade. Complementando a esta normativa municipal, aprobouse a correspondente ordenanza fiscal –coas abstencións dos grupos municipais do PSOE, que presentara ademais unha serie de enmendas sobre o asunto, e do BNG- que establece un prezo de aluguer de 900 euros por trimestre para cada unha das dúas naves industriais e de 180 euros por trimestre para cada un dos oito espazos de coworking.

Si houbo unanimidade dos tres grupos con representación no Pleno sobre a conformidade co proxecto de mellora da rede de abastecemento de auga que suporá a construción dun novo depósito de cabeceira na parroquia de Golmar.

Contratos de melloras viarias

Igualmente o Concello informa de ter asinado, coa empresa Construcciones J. Mauri e Hijos S.L, os contratos de dous proxectos de mellora da rede viaria que alcanzan un investimento conxunto de 240.000 euros. Afectan a estradas situadas nas parroquias de Erboedo, Coiro, Lestón, Montemaior e Golmar.

Novas relacionadas

Comentarios