Venres. 26.04.2024
El tiempo

Laracha estrea novo Parque Infantil na Praza do Recreo

Laracha estrea novo Parque Infantil na Praza do Recreo

Por Papa Noél, a Laracha estrea parque infantil na Praza do Recreo. Este novo parque infantil contará con catro unidades de xogos -en concreto columpios, balancíns e xogos en torres con tobogán- pensados para o uso dos nenos máis cativos, dando continuidade e complementando o outro espazo xa existente desde hai anos no que hai dispoñibles xogos cooperativos doutras características. Deste xeito os elementos dispoñibles estarán adaptados aos diferentes grupos de idade dos seus usuarios. A nova zona tamén contará cun pavimento continuo de caucho para reforzar a seguridade dos nenos.
 

Comentarios