Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Laracha limita o uso dos centros deportivos como medida preventiva ante o incremento de casos

PIscina da Laracha 1
A Laracha limita o uso dos centros deportivos como medida preventiva ante o incremento de casos

 Ante o incremento no número de casos de coronavirus rexistrado nos últimos días na Laracha, como
medida preventiva o Concello acordou limitar o uso dos pavillóns polideportivos exclusivamente á actividade federada e tamén a aquelas que se realizan baixo a organización do Concello e co control dos técnicos e monitores.
Por tanto, desde hoxe non se permitirá o aluguer a particulares dos pavillóns Municipal da Laracha, CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e o de Xermaña en Caión.

Complexo deportivo da piscina municipal
Cumprindo coa normativa autonómica vixente desde a pasada fin de semana, o persoal ao cargo do complexo deportivo da piscina municipal da Laracha –xestionada pola empresa concesionaria Hebe Sport- controla os accesos á instalación solicitando aos usuarios ben o certificado de vacinación covid-19, ben unha proba diagnóstica negativa (PCR realizadas nas últimas 72 horas ou de antíxenos realizada nas últimas 48 horas) ou ben o certificado de ter superada a enfermidade nos últimos seis meses.

Ademais, o complexo deportivo da piscina municipal da Laracha realizará o seu peche técnico anual desde as 14:30 horas do día 24 de decembro e ata o 2 de xaneiro. O 3 de xaneiro abrirá no seu horario habitual.

Comentarios