Mércores. 26.02.2020
El tiempo

A Laracha, Paiosaco e Caión acollerán a última campaña informativa do programa "Ti tes a chave"

A Laracha, Paiosaco e Caión acollerán a última campaña informativa do programa "Ti tes a chave"

O próximo luns (3 de febreiro) o Concello iniciará a recollida da fracción orgánica (novo contedor marrón de residuos sólidos urbanos) en A Laracha, Paiosaco, Caión e a urbanización Monte Claro.

Nos próximos días intensificaranse as accións informativas dirixidas a que a veciñanza coñeza o programa Ti tes a chave e que se sumen ao voluntariado marrón para formar parte desta iniciativa, pioneira en Galicia, impulsada en colaboración con Sogama e que ten por finalidade reducir a cantidade de lixo que se deposita nos colectores xenéricos e poder recuperar os residuos orgánicos converténdoos en compost.

Si Non Ti tes a chave

Así, hoxe a carpa informativa de Ti tes a chave estará pola tarde, en horario de 17:00 a 19:00 horas, no complexo deportivo da piscina municipal da Laracha. O xoves e o venres pola mañá (de 11:30 a 13:30 horas) estará na praza Eduardo Vila Fano de Caión e no campo da feira de Paiosaco respectivamente.

Nestes puntos informativos todas as persoas que o desexen poderán sumarse ao voluntariado marrón, recibindo o seu kit composto por un cubo ventilado dun volume de dez litros, bolsas compostables e unha chave coa que abrir os colectores da quinta fracción. Cabe lembrar que desde hai semanas tamén existe a posibilidade de anotarse cubrindo o formulario na web municipal (www.alaracha.gal) e que os puntos de recollida dos kits están operativos na Casa do Concello, edificio administrativo e edificio de servizos múltiples (A Laracha), así como nos centros sociais de Caión e de Paiosaco.

Paralelamente, o Concello tamén completará este venres a instalación dos colectores marróns da quinta fracción coas súas correspondentes ancoraxes para posibilitar que os cidadáns poidan depositar neles os residuos orgánicos para a posterior recollida.

comentarios