Venres. 03.05.2024
El tiempo

Nova batida para manter limpo o Castro de Montes Claros

2024.04.22.- Brigadas medioambientais no Castro de Montes Claros-Laracha
Visita institucional esta mañá ás Brigadas medioambientais no Castro de Montes Claros-Laracha
Nova batida para manter limpo o Castro de Montes Claros

Coidar o patrimonio é excavar, pero tamén manter limpo os espazos recuperados. Así o entende o Concello da Laracha, que continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer en valor o Castro de Montes Claros, xacemento arqueolóxico situado na parroquia de Vilaño e pertencente á idade
de ferro.

Así, as brigadas medioambientais municipais, formadas en colaboración coa Deputación da Coruña no marco do programa PEL-Concellos, comezaron hoxe
a intervir no castro. As actuacións que levarán a cabo durante os próximos días consistirán na limpeza do ámbito, incluíndo o cortado da herba, o desbroce da maleza e a
eliminación de posibles rebrotes de eucaliptos para que o espazo quede libre desa especie e conserve unicamente árbores autóctonas como carballos, castiñeiros e loureiros.

Nas áreas que foron obxecto de escavacións nos últimos anos, a limpeza farase de maneira manual e superficial baixo supervisión arqueolóxica para non danar os elementos que presentan valor histórico.

Os traballos lévanse a cabo neste época do ano na que se prevé un maior número de visitas ao Castro de Montes Claros tanto a nivel individual como
colectivo por parte, principalmente, de centros de ensino. Ademais, o Concello ten previsto organizar en próximas datas novas visitas guiadas ao xacemento,
do mesmo xeito que se fixera en anos precedentes.

Máis novas

Comentarios