Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Laracha presenta unha oferta de 31 actividades culturais e deportivas para este curso

A concelleira de Cultura e Deportes, Patricia Bello, e o alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, apresentaron hoxe a ampla oferta deportiva e cultural para este curso
A Laracha presenta unha oferta de 31 actividades culturais e deportivas para este curso

Xa está aberto o prazo para inscribirse na ampla oferta incluída no programa municipal de actividades de inverno 2021-2022 que se vai desenvolver ata finais de maio no Concello da Laracha. En total hai trinta e unha propostas diferentes, das cales catorce son para o público infantil e outras dezasete, para persoas adultas.

A oferta de actividades para nenos e mozos inclúe, como noutras edicións do programa, fútbol sala, informática, pádel, patinaxe, obradoiro de cociña infantil, teatro, tiro con arco, voleibol, xadrez, ximnasia rítmica e zumba kids. Ademais, adáptanse actividades como manualidades, que neste ano incorpora tamén o debuxo, e robótica, que incluirá gaming. A novidade será o tenis de mesa.

O público adulto poderá participar en aeróbic, aquagym, arte floral, bailes latinos, cociña, encaixe de palillos, informática, ioga, manualidades e pintura ao óleo, labores de tecido, memoria e alfabetización, pádel, pilates, restauración e tapizaría, teatro e ximnasia de mantemento.

A concelleira Patricia Bello afondou na oferta e explicou as novidades do programa, facendo fincapé en que neste ano os cursos de memoria e alfabetización, nos que por norma xeral participan persoas maiores, tamén se realizarán en Montemaior e Soandres, ademais da Laracha, Paiosaco e Caión.

O alcalde mostrouse satisfeito na presentación do programa, xa que poñelo en marcha “significa que estamos volvendo a unha certa normalidade”.

Máis información e inscricións

O programa ao completo xa está dispoñible aquí e na web municipal e o prazo de inscrición ábriuse este luns. Poderase facer en liña ou tamén acudindo ao Concello. Como en anos anteriores, a cota xeral de inscrición será de 20 euros por toda a duración dos cursos.

Comentarios