Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Laracha propón homologar o sendeiro das Pegadas do Río Bradoso

Rio Bradoso-Laracha
A Laracha propón homologar o sendeiro das Pegadas do Río Bradoso

O sendeiro As Pegadas do Río Bradoso, na parroquia de Montemaior, é unha fermosa ruta circular de 5,74 km, que acolle os restos de nove muíños de auga, sendo os máis destacados os do Gallardo, Baldomir e O Lorteiro. Comeza xunto ao centro sociocultural de Cumiáns, a escasos metros do camiño polo que se descende ao río, e percorre unha zona tremendamente fermosa e natural.

O Concello xa ten un folleto informativo pero propón un proxecto para sinalizar e homologar este sendeiro. Prevese a instalación en soporte natural dun panel informativo no punto de inicio, unha trintena de postes baixos e frechas indicadoras ao longo de todo o percorrido.

Paralelamente, o Concello tamén solicitará a homologación oficial do sendeiro As pegadas do río Bradoso á Federación Galega de Montañismo, fixando nun 2 o nivel de dificultade segundo o sistema da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME) e cun tempo total estimado para completar a ruta de 1 hora e 55 minutos.

As pegadas do rio Bradoso mapa

Comentarios