Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Laracha recibe a Bandeira Verde polas políticas de protección da paisaxe

 Director do IET coa bandeira verde.
A Laracha recibe a Bandeira Verde polas políticas de protección da paisaxe

O Concello da Laracha recibirá nos próximos días a súa primeira Bandeira Verde de Galicia, o distintivo co que a Xunta premia aos municipios que destacan polo seu labor a prol da protección da paisaxe e do medio ambiente.

Entra as accións levadas a cabo polo Concello e que posibilitaron a concesión deste distintivo cabe salientar a renovación da iluminación pública e das instalacións municipais por luminarias tipo LED de maior eficiencia enerxética, a implantación da quinta fracción da recollida selectiva (colector marrón de orgánicos), humanización de rúas, creación e mellora de sendas peonís e accións de sensibilización en material medioambiental, entre outras iniciativas.

Comentarios