Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laracha únese ao reto de aumentar a erciclaxe do contedor amarelo

Laracha únese ao reto de aumentar a erciclaxe do contedor amarelo

Chegou xa á praza do Concello da Laracha o gran contedor amarelo que forma parte da campaña Únete ao Reto. Unha campaña que inicia Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e Ecoembes, contando co 13 concellos, entre os que están A Laracha e Santa Comba como experiencias piloto para despois desenvolvela por todo o país.

Trátase de aumentar nun 10% o material (depositan envases de plástico, bricks, latas, etc.) recollido nos contedores amarelos. Se a veciñanza consegue este reto, o Concello gañará un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social local.

Durante o último mes xa se desenvolveron unha serie de iniciativas divulgativas da campaña , incluíndo a implicación dos establecementos comerciais coa colocación de material divulgativo e o reparto realizado na feira de Paiosaco.

Novas relacionadas

Comentarios