Mércores. 19.06.2024
El tiempo

As entidades de Camariñas únense en Defensa do Mar polo Día dos Océanos

Mar de Fabula-LIMPEZA DE LIXO PLÁSTICO NA ZONA MARISQUEIRA DA BASA CAMARIÑAS
As entidades de Camariñas únense en Defensa do Mar polo Día dos Océanos

Volve o comprometido colectivo Mar de Fábula mobilizar á sociedade da Costa da Morte, nomeadamente de Camariñas, para lanzar un berro en defensa do noso mar, do noso medioambiente. 

Co gallo do Día Mundial dos Océanos, Mar de Fábula organizará un gran acto simbólico en defensa do mar de Camariñas  o vindeiro 6 de xuño.

A entidade lembra que océanos cubren máis do 70% da superficie do planeta e son fonte de vida,  sustento da humanidade e acollen a meirande parte da biodiversidade da Terra. Por iso, para dar conta da importancia da boa saúde do mar nas nosas vidas,  convoca unha limpeza do lixo plástico que ensucia, degrada e contamina a contorna do banco marisqueiro da Basa.  

Teñen confirmada a súa participación diferentes colectivos:

  • Confraría de pescadores de Camariñas
  • Agrupación de Mariscadoras de Camariñas
  • Confraría de Pescadores de Camelle
  • Concello de Camariñas 
  • CEIP O Areal de Camariñas
  • CEIP Ponte do Porto de Camariñas
  • IES Terra de Soneira de Vimianzo
  • Ubuntu Life
  • Mar de Fábula

Pero ademais é moi importante salientar o papel que xogará nesta acción ambiental a comunidade escolar de Camariñas e Vimianzo, nenos e nenas, moitos deles fillos e fillas, irmáns e parientes de mariscadoras e pescadores.

O punto de encontro será o restaurante Rojo ás 10:00 horas da mañá. A limpeza durará aproximadamente 2 horas, e despois todos os participantes celebrarán un picnic de confraternidade na Área Recreativa do Ariño con bebidas e provisións de boca que cada un levará da súa casa. 

O concello de Camariñas coordinará as accións preparatorias, apoio loxístico e suministro do material necesario para levar adiante esta importante acción ambiental de limpeza e coidado do noso mar.

Máis novas

Comentarios