Venres. 03.05.2024
El tiempo

En marcha as obras da nova pista polideportiva de Paiosaco

2024.01.11.- Inicio obras pista polideportiva Paiosaco
O alcalde, José Manuel López Varela, xunto aos concelleiros de Obras, Pablo Cambón, e de Deportes, Patricia Bello, supervisaron hoxe o inicio das obras
En marcha as obras da nova pista polideportiva de Paiosaco

Arrincaron as obras de construción da nova pista polideportiva descuberta e de uso libre que se está a construír en Paiosaco. Trátase da primeira destas características que habilita o Concello da laracha.

A situación deste equipamento deportivo será estratéxica, a carón do CEIP Alfredo Brañas (o equipamento abrirá novas oportunidades para o centro educativo durante o horario lectivo), fronte ao campo de fútbol A Porta Santa e preto do centro sociocultural da vila.

Os primeiros traballos consisten no acondicionamento e nivelación do terreo sobre o que se levantará a pista, ocupando só unha parte da parcela adquirida
polo Concello xunto ao colexio para crear novos equipamentos públicos.

A actuación suporá un investimento de máis de 156.000 euros a financiar integramente con fondos municipais. A pista terá unhas medidas interiores de
46x32 metros, contará cun pavimento deportivo, terá marcados os campos de xogo para diferentes disciplinas (fútbol sala, baloncesto e balonmán) e disporá
tanto de peche perimetral cun valado de catro metros de altura como de iluminación en báculos que permitirá o seu uso a calquera hora do día.

Comentarios