Xoves. 30.06.2022
El tiempo

Mellorando o campo de fútbol de Paiosaco co Obradoiro de Emprego

Obras campo futbol paiosaco
Mellorando o campo de fútbol de Paiosaco co Obradoiro de Emprego

É especialista o Concello da Laracha en aproveitar os recursos aportados polos Obradoiros de Emprego para a mellora das instalacións municipais. Desta volta, o alumnado traballador da especialidade de pintura industrial en construción do Obradoiro de Emprego A Laracha VII iniciou hoxe os traballos de mantemento e mellora da cuberta das gradas do campo de fútbol municipal A Porta Santa de Paiosaco.

As intervencións consisten no lixado da superficie da estrutura metálica para a eliminación da pintura e do óxido para, a continuación, aplicar imprimación epoxi e un esmalte de poliuretano de dous compoñentes.
Para poder desenvolver estes traballos en altura o Concello puxo a disposición do Obradoiro de Emprego catro plataformas articuladas. Deste xeito os dez alumnos traballadores está a poñer en práctica a formación adquirida previamente no curso sobre o emprego de plataformas elevadoras móbiles de persoal realizado no mes de decembro.

comentarios