Venres. 03.05.2024
El tiempo

Morre unha muller na Laracha ao envorcar no tractor

Accidente de Tractor en Santa Comba
Imaxes de arquivo dun accidente de tractor na comarca
Morre unha muller na Laracha ao envorcar no tractor

Novo accidente mortal cun tractor. Esta pasada tarde, arredor das 20:00h, unha muller faleceu en San Fins, na Laracha, ao envorcar o tractor que manexaba. A vítima quedou atrapada debaixo do vehículo e os Bombeiros de Carballo tiveron que liberar o corpo sen vida.

Ao lugar tamén acodiron Garda Civil, Urxencias Sanitarias Galicia-061 e Protección Civil da Laracha.

Comentarios