Venres. 29.03.2024
El tiempo

“Nos momentos especiais sempre nos acompañan as flores”

María Joset Tuset Cotelo da Floristeria Churima da Laracha
María Joset Tuset Cotelo, da Floristeria Churima da Laracha
“Nos momentos especiais sempre nos acompañan as flores”

Hoxe falamos con María Joset Tuset Cotelo, máis coñecida en Laracha por Churi ou Churima. O apodo vénlle pola floristería que rexenta en Laracha dende hai xa varios anos. Situada na Avenida Finisterre 111, Edificio Santa Lucía, Floristerías Churima é un dos locales máis emblemáticos da Laracha pois foi a primeira floristería que houbo na vila e leva funcionando dende o ano 1984!

 
  • A.G.: Canto tempo leva Churima en Laracha?

Churima comeza a súa andaina en 1984, da man de miña nai Josefa. Recordo que foi a primeira floristeria que houbo en Laracha. Era un negocio familiar. Eu empecei a traballar na floristería con 16 anos. No ano 1994 decidín emprender e abrir a miña propia floristería na Coruña. Situada enfrente ao Materno, tiña o mesmo nome que a de Laracha. Estaba eu soa e botei alí 12 anos. Durante ese tempo aproveitei para facer cursos na Escola Española de Arte Floral. Ademais gústame tamén facer cursos monográficos ou cursos especializados, por exemplo un curso específico para ramos de noiva. Vemos novas tendencias e sempre nacen ideas. Son intensos pero son necesarios para actualizarse e neles desfruto como unha enana.

 
  • A.G.: De onde vén a túa paixón polas flores?

Era boa estudiante pero non tiña claro a que adicarme. Sabía que debía ser algo artístico. Na miña época falábase de ser profesor, abogado… ninguén che falaba de Belas Artes nin de nada polo estilo. Decidín apostar e quedar na floristería e creo que acertei. Co paso dos anos decateime de que se este traballo non che gusta, non sigues adiante. Gústame moito o meu traballo porque é un moi creativo. É algo que ainda que dure pouco tempo creas ti. Inflúe moito o mimo co que fas as cousas, os detalles que pos nas creacións. O que máis me gusta e lles agradezo aos meus clientes é que confíen en min e me deixen crear. Encántame esa confianza e esa liberdade. Hai xente que me trae ideas de Pinterest, e iso apéname pois coarta a miña creatividade. Ese é un dos motivos polos que me negó a facer copias, paréceme desperdiciar a creatividade dos floristas. A oportunidade de facer algo orixinal, distinto, bonito, con personalidade propia é única.

 
  • A.G.: Que é o que che resulta máis complicado do teu traballo?

Traballar contrareloxo para min é complicado, pero hai situacións que o requiren e hai que saber darlle resposta.

 
  • A.G.: Que tipo de servizos ofertades?

Todo aquel onde entre en xogo o que é a flor. Bodas, funerales, comunións, decoracións de eventos…

   
  • A.G.: Que representan para ti as flores?

Nos momentos especiais sempre nos acompañan as flores. As flores axúdanche a levar os sentimentos, acompañan, celebran... É un regalo que sempre resulta, cando entregas unha flor recibes un sorriso. Paréceme moi bonito regalar flores non só porque se trate dunha ocasión senon sen ter por qué. As flores transmiten sentimientos, reconfortan. Alá por onde pasan deixan alegría. Estamos nunha época moi bonita, na que comezan a nacer flores; como os narcisos, que teñen un olor moi doce.

 Floristeria Churima da Laracha
  • A.G.: Hai algún evento que recordas con especial emoción?

A última voda que fixen para min foi preciosa. Foi no Mirador de Santa Irene, en Lema. Foi algo diferente por tema do COVID pero moi emotiva.

 
  • A.G.: Que tal está a resultar esta Campaña de San Valentín?

Adiantando encargos de ramos, que son as que máis se venden. San Valentín é o día máis bonito do ano. As rosas son moi delicadas, excepto as coñecidas como rosas eternas. Este ano véndense moito os ramiños variados, silvestres, de estilo primaveral. Tamén cabe resaltar que as mulleres cada vez nos animamos máis a regarlles flores a eles. Gustaríame aproveitar para dicir que nestas datas tamén se pode ter un detalle con outras personas. O amor é o amor, non é só de parella. Facemos packs con caixiñas en forma de corazón, rosas, osiños e bombóns. Este ano decidimos innovar e facer packs de rosas cunha botella de viño galego ou con cervexas.

 
  • A.G.: Realizades reparto de flores a domicilio?

Repartimos a domicilio. As flores sempre son unha boa ocasión para sorprender a alguén. Podemos levar encargos á contorna: Carballo, Coruña, Cerceda…

 
  • A.G.: Hai algunha anécdota que resaltarías?

Anécdotas non me faltan, hai xente que regala flores para desculparse e a esas desculpas case que hai que ir con casco, téñome comido broncas que non eran para min… (Risas)

 

Entrevistas semellantes

Comentarios