Nova xornada coa Laracha e Paiosaco de protagonistas na Liga Nacional de Billarda
Acollía esta fin de semana o pavillón do IES Agra Leborís da Laracha a 6ª xornada da Liga Atlántica de Billarda da Conferencia Noroeste. E foi unha xornada ben fermosa para os afeccionados, cunha boa cantidade de varados.
Continúan os equipos laracheses arrasando na Liga, e desta volta o vencedor foi o APB A Laracha, por diante do potente Campo da Feira de Paiosaco e Filloas de Sangue (A Coruña).
A campiona feminina foi Sonia Cochiqueiros (Cerceda), por diante de Mercedes do APB A Laracha e Lucía do Lua de forza (Sanxenxo).
En categoría infantil segue arrasando, como xa fixo a xornada anterior, Miguel Cancela, do Campo da Feira (Paiosaco). Por detrás quedou Kevin do APB A Laracha e Valentin do Filloas de Sangue (A Coruña).
En categoría absoluta venceu Xosé Collazo do APB (A Laracha), por diante de Abel do Campo da Feira (Paiosaco) e Xosé Cotelo, tamén do APB.
A próxima xornada disputarase en Chorís, Carballo, o 18 de decembro.