sábado. 09.11.2024
El tiempo

P.E. Coto Loureiro: 14 aereoxeneradores sobre A Laracha

  • O BNG da Laracha anuncia que presentará alegacións
santa-marta-mirador-Laracha
Imaxe dende o Mirador de Santa Marta-Foto-Petón do Lobo
P.E. Coto Loureiro: 14 aereoxeneradores sobre A Laracha

Seguimos recollendo, un a un, os máis de 40 proxectos que trae o novo impulso eólico á Costa da Morte. Desta volta, toca falar do Parque Eólico Coto Loureiro, promovido por Adelanta Corporación, e que afecta aos concellos da Laracha e Cerceda.

Este proxecto prevé a instalacións de 14 aeroxeneradores, todos eles ubicados no concello da Laracha (entre as parroquias de Montemaior e Soandres) de 173 metros de altura, algúns deles moi perto de núcleos de poboación como é o caso do núcleo de Portodoso en Soandres.

14 aerexeneradores que suman exactamente 50MW de potencia (13 de 3,6 e 1 de 3,2) para evitar ter que pasar polo filtro do ministerio, e que sexa a Xunta, coa súa Lei de Fomento Iniciativas Empresariais a que permita a súa tramitación por urxencia e cos mínimos trámites mediambientais.

Entidades como Petón do Lobo ofrece para descargar o modelo de alegacións. Axudan mesmo a presentalas, tendo en conta que remata o prazo o 29 de abril.

Alegacións do BNG

O primeiro que lanza a alarma é o BNG da Laracha que anuncia que presentará alegacións ao proxecto de parque eólico. Consideran grave a “afectación que este parque tería sobre o patrimonio natural e arqueolóxico, sobre as principais actividades económicas na zona como son a agro-gandeira e forestal, e tamén sobre a poboación de determinados núcleos de poboación que terían algúns dos muíños moi perto”.

Novas sobre eólicos

Comentarios