Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Paiosaco domina a Liga Atlántica de Billarda

Xogando a Billarda na Silva
Juan Carlos Cancela, do Campo da Feira de Paisaco, en pleno lanzamento
Paiosaco domina a Liga Atlántica de Billarda

Esta pasada fin de semana celebrouse na Silva (Cerceda) a 5ª xornada da Liga Atlántica de Billarda (Noroeste). O campo da feira das nenas recibiu a 51 palanadores, con moita xente nos arredores que se querrían unir a esta singular liga.

Xogando a Billarda na Silva Cerceda

En categoría Infantil gañou Kevin, do equipo APB Santa Marta da Laracha, por diante de Óscar García, dos locais Cochiqueiros; e Roy, tamén do equipo da Laracha.

A campioa en Categoría feminina foi Lu, do equipo Lúa de Forza, de Sanxenxo, por diante da súa compañeira Marisa, e de Isabel, do Campo da Feira de Paiosaco.

En Categoría masculina o gañador foi Xan Rodiño, tamén do Lúa de Forza de Sanxenxo, que superou ao larachés Xose Collazo (que viña de gañar en Laxe, e ao seu compañeiro Juán Carlos Cancela.

Entrega de Premios da Liga Atlantica de Billarda na Silva

Así, despois de cinco xornadas xa se pode observar que o equipo Campo da Feira de Paisaco (Laracha) continúa a ser o equipo máis forte.
Xan Rodiño e Xosé Collazo escapan na xeral masculina, mentres que nas féminas mandan as rapazas de Campo da Feira Isa e Mercedes, ao igual que en infantiscon Abel Ponte.

A próxima cita da liga será en Pastoriza-Arteixo.

Novas relacionadas

Comentarios