Venres. 26.04.2024
El tiempo

Bergantiños manda no mundo da Billarda

60 palanador@s disfrutaron 4ª xornada da LNB de Billarda en laxe
Billarda no Pavillon de Laxe
Bergantiños manda no mundo da Billarda

Este pasado domingo celebrouse no Pavillón de Laxe a 4ª xornada da Liga Atlántica de Billarda. A LNB xa ten en Laxe un punto de parada obrigatoria, como o demostra os 60 palanadores/as que acodiron á cita anual nesta fermosa vila mariñeira de Laxe.

A idea era facer o campionato na praia, onde a visión do xogo seria mais fermosa que dentro do pavillón, pero desde a organización decidiron xogar no pavillón ante o ruxe-ruxe de moito palanador ante ameaza de choiva.

Premios da Billarda en Laxe

A nivel deportivo, o campión infantil foi Abel, do Campo da Feira de Paiosaco, por diante de Óscar García (Cochiqueiros-Cerceda) e de Carmela (APB-A Laracha).
En categoría feminina gañou Isa, tamén do Campo da Feira de Paiosaco, por diante da súa compañeira Mercedes e Lola, do Rinocerontes de Pontevedra.
Na categoría masculina gañou o tamén xogador do Campo da Feira de Paiosaco Xose Collazo, por diante de Javier (Chaínzos-Cadaval/Castro de Rei) e Berdillo (Cochiqueiros-Cerceda).

Así, o Campo da Feira de Paiosaco foi o equipo vencedor por diante do APB da Laracha.

Billarda en laxe

A Liga Atlántica de Billarda quuere agradecer ao Concello de Laxe a súa colaboración e presencia en nome do seu alcalde Jose Luis Pérez Añón e a concelleira de cultura Raquel Lema Allo, que fixeron a entrega de premios. Ademais, agradecen ao Restaurante Cordobés de Razo.

Novas relacionadas

Comentarios