Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Os premios da cita da LNB de Billarda quedaron en Paisaco

billarda en paiosaco 2
Os premios da cita da LNB de Billarda quedaron en Paisaco

Tralo seu divertido paso por Laxe, a Liga Atlántica de Billarda achegouse ata Paisaco para celebrar a súa 10ª xornada no marco do VI Aberto das Cereixas. FIxeron coincidir coa Feiras das Cereixas, unha das Festas de Interese Turístico Galego da comarca, para disfrutar dunha espléndida tarde de sol e xogos tradicionais.

Houbo moita expectación na vila larachesa e mesmo os vehiculos que pasaban pola estrada e aminoraban a marcha para gozar do espectáculo.

Finalmente o campión absoluto foo Xosé Collazo, que xogaba na casa ao ser membro do equipo Campo da Feira Billarda de Paisaco. Por detrás, outro veciño, Añón, do APB da Laracha, que quedou por diante de Viqueira, dos Cochikeiros de Cerceda.

En categoría feminina a campiona foi Merche, do APB da Laracha, por diante de Irene dos Cochikeiros de Cerceda e Isa do Campo da Feira Billarda.

Tanñeb quedaron na casa os premios de Infantil, da man de Abel do cadro de Paisaco, que tamén gañou o premio por equipos, por diante do APB.

Dende a Liga Atlántica de Billarda queren agradecer persoalmente a Ramiro Bello Recouso, segundo teniente alcalde pola enrega de trofeos a todas las categorias e ao Concello pola colaboración e difusión.

billarda en paiosacobillarda en paiosaco 3

Novas relacionadas

Comentarios