Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Paisaco conta as horas para a súa Feira das Cereixas

2024.06.29. Presentación Programa Festa das Cereixas
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Cultura, Patricia Bello, xunto a representantes da Comisión de Festas de Paiosaco, presentaron o cartel co programa de actos festivos, lúdicos, culturais e recreativos que se van celebrar en ambas xornadas.
Paisaco conta as horas para a súa Feira das Cereixas

A celebración gastronómica de maior relevancia e tradición do Concello da Laracha, a Festa das Cereixas de Paiosaco, celebrarase coincidindo coa primeira feira do verán, que neste ano é na próxima fin de semana, os días 6 e 7 de xullo. 

As primeiras citas serán na xornada do sábado, cando haberá sesión vermú co Grupo Zona Zero, que repetirá na verbena xunto á Disco Móvil Impacto baixo a organización da Comisión de Festas.

Xa o domingo, no propio día da Feira das Cereixas -Festa declarada de Interese Turístico de Galicia-, levarase a cabo a parte da programación organizada directamente polo Concello. Así, a feira tradicional estará amenizada pola Charanga Os Melandros e haberá unha food truck na que se poderán degustar produtos elaborados con cereixas.

A partir das 19:00 horas a Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco ofrecerá un espectáculo de música e baile tradicionais galegos.
Pola noite, desde as 22:00 horas, porase o broche de ouro á Feira das Cereixas co concerto dun dos músicos galegos máis importantes da actualidade como é Xabier Díaz, que actuará xunto a Adufeiras de Salitre dentro da súa xira Axúdame a sentir.

Cartel Feira das Cereixas 2024

Comentarios