venres. 08.05.2026
El tiempo

Laracha acolle catro xornadas formativas para familias arredor da Atención Temperá

Atencion Tempera Laracha
Laracha acolle catro xornadas formativas para familias arredor da Atención Temperá

O Concello da Laracha porá en marcha desde finais de maio e en xuño a terceira edición das Xornadas para familias dende o Servizo de Atención Temperá, unha iniciativa dirixida a familias con nenos e nenas de entre 0 e 6 anos de idade.

O programa inclúe catro sesións formativas nas que se abordarán cuestións clave relacionadas co desenvolvemento infantil, a crianza e o benestar dos menores, ofrecendo ás familias ferramentas prácticas e orientación especializada. As xornadas desenvolveranse co seguinte calendario e contidos:

  • 26 de maio (17:00 a 18:30 h): Sinais de alarma TEA. Importancia da intervención precoz, impartida por Lorena Vilouta, logopeda de atención temperá, e Laura Quintanilla, fisioterapeuta de atención temperá.
  • 2 de xuño (17:00 a 19:00 h): Primeiros auxilios pediátricos, a cargo da Cruz Roja.
  • 9 de xuño (17:00 a 18:30 h): Uso das pantallas en menores de 6 anos. Recomendacións, impartida por Tamara Carro, terapeuta ocupacional de atención temperá.
  • 16 de xuño (17:00 a 18:30 h): Desenvolvemento emocional na infancia, a cargo de María Cal, psicóloga de atención temperá.

 

As sesións terán lugar no Edificio Administrativo da Laracha. As persoas interesadas en participar deberán realizar a inscrición previa de xeito gratuíto a través do formulario en liña habilitado para tal fin na web e redes sociais do Concello. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 22 de maio.

Para ampliar información, as persoas interesadas poden contactar co Servizo de Atención Temperá no teléfono 981 642 663. 

 

Comentarios