Cereixas e Billarda maridaron en Paiosaco
Quen ben maridan a billarda e as cereix. Así o recoñecen dende a Liga Nacional de Billarda despois da celebración o pasado sábado do VIII Aberto das cereixas de billarda, no marco da famosa festa de Paiosaco. “A tarde, o ceo e as cereixas contribuíron a ver un espectáculo grandioso e supremo”, explican.
Nunha xornada que chegaba despois do apaixoante final de Liga no que Laracha e Paiosaco demostraron sen potencia. Cargados cada grupo con 5 caixas de cereixas para ter forza e darlle ben ao palán.
Os de Sanxenxo e Ribadeo dominaron desta volta sendo os peques do APC A Laracha Kevin e Roi os únicos bergantiñáns que subiron ao podio.
Ao final do torneo chegou a reunión dos equipos para facer balance do ano, valorando que a billarda xa aparecen nos medios de comunicación. Ademais perfilaron a tempada que ven onde moitos concellos están interesados en ter unha xornada de billarda.
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 23: A Laracha e Paisaco triunfan na Liga Atlántica de Billarda.
- <
- Marzo 23: A billarda puido co vento de Razo.
- Febreiro 22: A billarda segue medrando en Soandres, Mazaricos e Razo.
- Xaneiro 23: A Laracha acolleu o Aberto de Billarda de Fin de Ano.
- Decembro 22: O Aberto de Carballo ratifica á Laracha como potencia provincial da billarda.
- Novembro 22: Nova xornada coa Laracha e Paiosaco de protagonistas na Liga Nacional de Billarda.
- Outubro 22: Unha familia de Paiosaco arrasa na xornada de billarda.
- Setembro 22: Paiosaco e A Laracha volven mandaro no comezo da Liga Atlántica de Billarda Conferencia Noroeste.