Venres. 29.03.2024
El tiempo

Palomi presenta moi arroupada a súa candidatura á alcaldía da Laracha

Presentacion Palomi PSOE Laracha
Palomi presenta moi arroupada a súa candidatura á alcaldía da Laracha

A presentación da candidatura socialista á alcaldía da Laracha de Palomi Rodríguez Castiñeira tivo un gran apoio da provincial. o propio secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, o secretario provincial Bernardo Fernández e a rexedora da Coruña, Inés Rey, avalaron a presentación da que vai ser “a próxima alcaldesa da Laracha”, segundo sinalaron.

O número un do PSdeG salientou a “capacidade e valía persoal” de Palomi Rodríguez, á que lle brindou todo o apoio do partido para que A Laracha recupere o dinamismo económico e social que precisa. “Non todos teñen a sorte de que unha traballadora incansable e con ampla experiencia se implique na vida da súa vila e faga propostas para resolver os problemas da xente. “Palomi sabe escoitar, coñece ben o seu concello”, engadiu Formoso.

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña agradeceu que “unha muller socialista, con ideas, con forza e con ilusión”, como Palomi Rodríguez, dea un paso adiante polo seu concello, “porque cando unha de nós avanza, facémolo todas xuntas”.
 
ETAPA DE CAMBIO NA LARACHA

Palomi Rodríguez afrontará as súas segundas eleccións como aspirante á alcaldía e tratará de mellorar os resultados acadados hai catro anos, cando conseguiu duplicar o número de concelleiros e establecer ao PSdeG como segunda forza dentro da corporación municipal. 

A representante socialista declarou que sente que a veciñanza “quere volver a ilusionarse cun goberno que veña con ideas novas para darlle vida á Laracha”. “Poremos o Concello ao servizo das persoas, que sexa a casa de todas e todos e que estea aberta”, prometeu Rodríguez Castiñeira, que tamén debullou un primeiro esbozo de programa electoral con medidas como o apoio á implantación de novas iniciativas emprendedoras, a recollida de plásticos agrícolas porta a porta, a eliminación dos puntos negros da banda ancha e medidas de apoio ás persoas maiores.

Comentarios