Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Palomi presenta a súa candidatura á alcaldía da Laracha

Foto_presentación_Palomi2023-PSOE Laracha
Palomi presenta a súa candidatura á alcaldía da Laracha

Ratificada hai varias semanas, Palomi Rodríguez volverá ser a candidata á alcaldía da Laracha en maio desde 2023.

A que xa fora secretaria xeral da agrupación local e candidata nas últimas eleccións municipais do 2019, repetirá no intento dos socialistas de obter unha alcaldía que consideran “clave” na comarca. “Asumo o reto con tranquilidade, temos un equipo que traballa con moita ilusión e iso a militancia o valora, o noso único obxectivo é mellorar a vida da xente”, asegurou Rodríguez.

A presentación será o sábado 14 de xaneiro ás 19:30 horas nun acto que contará coas intervencións do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; o secretario xeral da provincia da Coruña, Bernardo Fernández; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a candidata á alcaldía.

Un acto aberto e que se poderá seguir tamén en directo por streaming, a través de Facebook dos Socialistas da Laracha.

Máis novas das Eleccións.

Comentarios