Palomi Rodríguez, reafirmada como candidata á Alcaldía da Laracha
07:51 21/11/22
Seguimos perfilando candidaturas de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio de 2023. Desta volta, unha semana despois de que Carolina Castiñeiras fose escollida como candidata do BNG, coñecemos á candidata socialistas.
Volve ser Palomi Rodríguez, tras unha Asemblea que puxo en valor “o bo traballo realizado polo Grupo Municipal Socialista durante todo o mandato, con propostas e iniciativas formuladas para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas”.
O grupo socialista abre o proceso de recollida de propostas da veciñanza e dos sectores económicos para elaborar “o mellor programa electoral para o concello”.