Venres. 26.04.2024
El tiempo

O pleno a Laracha aproba os cambios do proxecto do novo depósito de auga das Camposas

  • A Laracha actualizará o convenio de irmandamento trala fusión de Olonne sur Mer con outros dous concellos.
  • O pleno fixou os festivos locais para o ano 2023.
O pleno a Laracha aproba os cambios do proxecto do novo depósito de auga das Camposas

O pleno extraordinario celebrado onte na Laracha servíu para aprobar, por unanimidade, a modificación do convenio de colaboración entre o Concello e Augas de Galicia para a construción do novo depósito de cabeceira no lugar das Camposas (parroquia de Golmar) e dunha estación de bombeo de auga potable coas súas correspondentes canalizacións desde a captación en Gabenlle.

Dito cambio está motivado polas melloras incorporadas ao proxecto, que tamén supuxeron adaptacións do orzamento (pasa a ser de preto de 2,1 millóns de euros) e dos prazos de execución. A achega do Concello, que ascende a 370.000 euros, estaba consignada nos presupostos municipais de 2022, pero finalmente deberase retrasar ao próximo exercicio xa que agora a previsión é rematar as obras en 2023. Eses cartos “investiranse noutras iniciativas de interese xeral”.

Festivos

No pleno foron fixados como festivos locais para o ano 2023 o 21 de freiro (Martes de Entroido) e o 8 de setembro (Romaría dos Milagres de Caión).

Convenio de irmandamento

O irmanamento entre o Concello da Laracha e Les Sables D’Olonne asinarase oficialmente nesta semana na localidade francesa. Trátase da actualización do irmanamento rubricado en 2010 entre A Laracha e Olonne sur Mer despois de que este municipio se fusionase con Sables d’Olonne e Château-d’Olonne formando unha entidade única de máis de 45.000 habitantes.
Este acto oficial, previsto para o xoves, levarase a cabo durante a semana de celebración da Festa dos Irmanamentos que vai ter lugar o próximo sábado. Partirán para Francia estes días o alcalde, a concelleira Adelina Liste e o edil Pablo Cambón, que tamén o fará en calidade de presidente da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco, entidade que acudirá cun grupo instrumental que realizará actuacións nos actos durante a estancia en Les Sables D’Olonne. Ademais, acudirán alumnos do IES Agra de Leborís acompañados pola profesora de francés do centro.

Comentarios