Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O polideportivo da Laracha viviu un lavado de cara

Visita de Trenor ao pavillon da Laracha
O polideportivo da Laracha viviu un lavado de cara

39.000 euros (25.000 de achega autonómica) empregáronse para realizar varias obras no Pavillón Polideportivo da Laracha. Unha comitiva institucional comandada polo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel Varela, achegábase onte para ver o resultado das obras.

Uns traballos que incluíron a substitución das placas do lucernario, a reparación e protección do canlón existente mediante pintura impermeabilizante e substitución dos tramos máis deteriorados, a pintura das ménsulas de acero do aleiro da cuberta e substitución das máis deterioradas, a reparación do pintado interior e exterior dos muros e o repaso e substitución da tornillería da cuberta en mal estado e protección da mesma con pintura.

Visita de Trenor ao campo de futbol da Laracha
Tamén visitaron o campo de fútbol

Comentarios