mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preguntan pola falta de Policías Locais na Laracha

Edificio Administrativo da Laracha-Policia Local
Preguntan pola falta de Policías Locais na Laracha

A Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello da Laracha figuran 6 prazas de policía local e outra máis de Cabo que leva anos vacante. E iso que segundo as ratios recomendadas pola FEMP (Federacion Española de Municipios e Prvoincias) A Laracha debería contar contar con 17 postos de policía local.

Ademais, dende o BNG lembran que ás veces non se cobren as baixas, o que provoca que o servizo quede "nunha situación claramente precaria".

"Dende o BNG consideramos que non se pode deixar o groso da seguridade do municipio só en mans de Proteccion Civil. É insuficiente o número de prazas de Policía Local para garantir a seguridade nun concello que volve a contar nos últimos tempos con ocio nocturno nas fins de semana, unido a un bo número de festas parroquiais durante todo o ano ou, sen ir máis lonxe, as feiras quincenais de Paiosaco, moi concorridas", sinalan.

Pos iso, dende o grupo municipal denuncian "a precariedade do servizo" e instan ao goberno local a "incrementar a plantilla, creando novas prazas para ir achegandose á ratio recomendada".

Comentarios