Venres. 23.10.2020
El tiempo

O PSOE da Laracha pide a humanización das rúas Epifanio Campo e Santa Lucía

O PSOE da Laracha pide a humanización das rúas Epifanio Campo e Santa Lucía

Este venres hai pleno na Laracha, e o grupo do PSOE demandará a remodelación da contorna da rúa Epifanio Campo e a rúa Santa Lucía para facelas máis accesibles. O grupo, que se fai eco das peticións das persoas con mobilidade reducida, considera que se pode habilitar crédito do Plan de Obras e Servicios (POS) da Deputación da Coruña.

“A finalidade desta moción é conseguir unha Laracha accesible para todas e todos, suprimindo cantas barreiras impidan o acceso á vida normalizada de persoas con discapacidade ou con mobilidade reducida, fomentando a accesibilidade dos lugares e construción, así como a adaptación de instalacións, edificacións e espazos libres xa existentes”, explica a portavoz do PSOE, Paloma Rodríguez Castiñeira.

Nunha segunda moción, o PSOE pedirá que o concello “inste á Xunta de Galicia a que proceda á compensación dos sobrecustos que as administración locais están a soportar como consecuencia dos gastos de limpeza e desinfección dos centros educativos”.

comentarios