Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O PSOE pide un "roxecto transformador para A Laracha"

Paloma Rodriguez PSOE Laracha
Paloma Rodriguez, voceira do PSOE da Laracha
O PSOE pide un "roxecto transformador para A Laracha"
O Goberno municipal da Laracha levará a Pleno, o próximo 7 de xaneiro, os orzamentos do Concello para 2022, unhas contas que en opinión do PSdeG-PSOE “non ofrecen respostas ás necesidades reais da veciñanza”. O Grupo Municipal Socialista presentou unha serie de emendas parciais encamiñadas a reforzar o investimento en Medio Ambiente, Cultura e Educación, entre outras áreas. Proponse, por exemplo, "a creación dunha liña de axudas para mellorar os puntos de recollida de plásticos nas explotacións agro-gandeiras ou a introdución dunha nova partida destinada á limpeza de fincas abandonadas para a prevención de incendios forestais."

O PSdeG-PSOE defende a necesidade de facer partícipe ao tecido social do proceso de elaboración das contas municipais, por iso se inclúe, entre as emendas, a creación do programa piloto de orzamentos participativos “A Laracha Veciñal”. Outras propostas pasan por poñer en marcha un estudo diagnóstico da dinamización do comercio de proximidade e da hostalería.

Palomi Rodríguez Castiñeira, reclama “unha revisión a fondo” das contas municipais para adaptalas á realidade do Concello. Denuncia que “non se contempla ningún proxecto transformador para A Laracha”.

Outra das propostas recollidas no documento de emendas é a de ampliar o horario das Bibliotecas Municipais coa contratación dunha nova auxiliar.

Comentarios