O PSOE propón a ampliación da estrada que une A Laracha e Caión
O PSdeG-PSOE solicita a ampliación da estrada DP-0513, que une A Laracha e Caión. Así o vai trasladar ao departamento de Vías e Obras da institución para que realice un estudo da vía de cara á súa mellora, como confirmaba o portavoz do Grupo Provincial Socialista na Deputación da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, na visita que realizou ao lugar xunto coa candidata socialista á alcaldía da Laracha, Palomi Rodríguez, e outros membros do PSdeG local.
Unha obra necesaria para “garantir a seguridade de todos os vehículos” e “facer que esta comunicación” entre a vila da Laracha e a parroquia de Caión “sexa máis utilizada”, ao acortar tanto o tempo como a lonxitude dos desprazamentos.
Acceso á parcelas
De xeito paralelo, o PSOE solicitou, a travñes do parlamentario Martín Seco, á Consellería de Infraestruturas que habilite o acceso ás parcelas que quedan que fican bloqueadas pola senda peonil da AC-552 en Proame.
Lembran que a obra carece de muro de cantería para facilitar o acceso, pechando o paso para os propietarios das parcelas, dedicadas ao labradío, que teñen que empregar “un suposto camiño de servidume en desuso e que carece das condicións axeitadas e non da servizo a todas as parcelas”.