Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Rutas, cogumelos e exposición para amenizar o novembro larachés

cartel Leviatán
Cartel da exposición Leviatán
Rutas, cogumelos e exposición para amenizar o novembro larachés

Chega o mes de novembro e o Concello da Laracha ponse as pilas para amenizar a vida cultural. Son varias as iniciativas que veñen paralelas ao Programa de Venres Cultuais, que este venres 5 trae a obra Running á Casa da Cultura da Laracha.

4 actividades no Museo de Golmar

Un dos epicentros será o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte, en Golmar. Ao longo do mes de novembro desenvolveranse catro novas propostas culturais, educativas e recreativas, todas elas con inscrición gratuíta, pensadas para o público infantil.

Haberá dous obradoiros (para nen@s de entre 6 e 12 anos) que se realizarán en horario de mañá. O sábado 6 toca “Caderno de campo: muíños e árbores”, unha andaina polo río Acheiro, cunha explicación dos diferentes tipos de árbores que se irán atopando polo camiño e recollendo follas para a posterior confección dun caderno de campo.
A semana seguinte, o sábado 13, será a quenda para o obradoiro “Reciclando e xogando”. A través de diferentes xogos os participantes aprenderán en que colector deben introducir cada residuo e tamén aprenderán que é o punto limpo.

O domingo 21 proponse unha andaina polo entorno do río Bradoso de 7 quilómetros de distancia e dirixida a todos os públicos, tanto nenos como adultos. Ao longo do percorrido atoparanse os restos de dezanove muíños.
Por último, o sábado 27 repetirase o obradoiro Facendo pan. Muíños e cereais que xa se fixera en setembro e quedaran rapaces nas listaxes de reserva. A xornada está dirixida a nenos de 4 a 8 anos.

Domingo de cogumelos

O domingo toca ademais a cita coas Setas da Laracha. Raquel Poncini e Pablo Cuadrado impartirán as xornadas de iniciación á micoloxía da Laracha.

Cartel As Setas da Laracha

Exposición

Xa o luns 8 de novembro ás 12 horas inaugúrase no Centro Comunicación de Caión esta exposición multidisciplinar e de esencia marítima, que pode visitarse ata o 20 de decembro. Trátase dunha mostra do proxecto Pasaporte REMA, que nos ofrece ilustracións, esculturas, bosquejos, tintas, debuxos de gran formato e lenzos, retrata a sobrecogedora e á súa vez imperceptible presenza da ballena no noso mar.

”Leviatán” é o proxecto de Ramón Trigo, que arrincaba en 2010, coa realización do libro ilustrado Leviatán, ganador do Premio Nacional Lazarillo do Álbum Ilustrado 2012 e editado posteriormente pola Editorial Kalandraka. O propio artista recoñecía que “sería moi difícil atopar un lugar máis adecuado para mostrar este proxecto que o porto de Caión; un lugar cunha antiquísima tradición ballenera, o que lle converte no marco perfecto para acoller esta exposición”.

Novas relacionadas

Comentarios