SEA e Concello da Laracha presentaron o proxecto de ampliación do parque empresarial

A Casa da Cultura da Laracha acolleu onte a presentación do Plan Estructurante de Ordenación para a ampliación do parque empresarial da Laracha, co que SEA e Concello dan resposta á demanda de solo industrial na zona.
O proxecto, no que SEA investirá entre 14,5 e 15,5 millóns de euros (o proxecto contará con outros 2M de Fondos de Transición Justa do Plan de Recuperación do goberno central), desenvolverase sobre un total de 338 629 metros cadrados, o que supón que o polígono alcanzará unha superficie de máis dun millón de metros cadrados.
Será construído, nunha única fase, en terreos moi próximos ao actual parque empresarial, entre os lugares de A Torre e Samiráns.
Antes do inicio de obras, a continuación deberán ser aprobados os proxectos de expropiación, urbanización e parcelación, trámites previos imprescindibles.
Referente empresarial
O alcalde José Manuel López resaltou que "este proxecto non só é unha resposta á crecente demanda de espazos industriais e loxísticos, senón que se trata dunha aposta decidida por inxectar enerxía para fortalecer o tecido empresarial local e consolidar A Laracha como un referente para o investimento e o emprendemento".
Datos da ampliación
Superficie | (m2) |
Parcelas de uso lucrativo | 200.514 |
Equipamientos | 3.287 |
Espacios libres públicos | 92.636 |
Sistema viario y aparcamientos | 42.199 |
Superficie ámbito parque empresarial | 338.629 |