O Polígono da Laracha supera o 82% de ocupación

Exemplo en toda Galicia é a expansión do Polígono Empresarial da Laracha. Así o recoñecía onte a xerente de SEA, Beatriz Sestayo, na súa visita á construtora J. Esmorís, que asinaba o seu contrato de ampliación o pasado mes de xullo. Ademais da empresa bergantiñá neste ano tamén se adxudicaron outras dúas parcelas a Fillos e a Cabliseña; mentres que en 2021, outras 4 ao Grupo Revi e a unha empresa de construción da Coruña.
Con elas e outras como Inditex, Abelas Alexan, Esmorís ou, proximamente, Unifersa, o polígonno é un exemplo de expansión.
A visita da Xerente de Suelo Empresarial del Atlántico coincide co 25 aniversario das empresa. Sestayo quixo pór en valor o traballo que están a desenvolver os responsables da compañía, José Esmorís e María Jesús Pérez, que “a base de talento e esforzo, están a crear postos de emprego na nosa terra”.
Novas do Polígono da Laracha
- Xullo 22: A construtora J. Esmorís ampliará as súas instalacións no Polígono da Laracha.
- Xuño 22: Unha nova empresa para o Polígono da Laracha.
- Xuño 22: Outras tres empresas para os Polígonos da Laracha, Muros e Vimianzo.
- Decembro 21: Tubasa merca unha nova parcela no Polígono da Laracha, que ten ocupadas xa o 80% das parcelas.
- Novembro 21: Herminia Pan e Bollería instará un establecimento no Polígono da Laracha.
- Xuño 21: Posta a primeira pedra para a instalación da empresa Unifersa no Polígono da Laracha.
- Avanza o proxecto de ampliación do polígono da Laracha .
- Propoñen ampliar o polígono da Laracha, “unha das zonas industriais con maior potencial da provincia”.