Domingo. 13.10.2024
El tiempo

O viveiro de empresas da Laracha espera inquilinos

Urbanizando a parcela do viveiro
O viveiro de empresas da Laracha espera inquilinos

Xa está listo o viveiro de empresas que Laracha ten na entrada do Polígono. En fronte do Centro de Emerxencias (Protección Civil, Obradoiro de Emprego…) o Concello dispón de dúas naves e varios despachos en clave de coworking para empresas e autónomos en proceso de creación. O prazo de peticións de solicitude está sempre aberto, e permite, cunha cota moi baixa e todas as necesidades incluídas, ter un espazo de traballo durante os primeiros meses.

O viveiro abriuse o pasado ano, pero xusto no marco da pandemia non houbo propostas. Cunha axuda da Xunta deste curso, o edificio está absolutamente preparado, esperando os primeiros inquilinos.

Os requisitos que deben cumprir as empresas son ter o domicilio social e fiscal no Concello da Laracha, estar constituídas como máximo seis meses antes de presentar a solicitude ou tres meses despois da resolución da concesión do acollemento e presentar o proxecto que avale a viabilidade económica e técnica da iniciativa empresarial.

Mentres, estase a realizar unha obra de urbanización dunha parte desa parcela de titularidade municipal. O proxecto ten un orzamento de 15.000 euros a financiar integramente con fondos municipais. A finalidade é a adecuación do exterior do edificio para facilitar os accesos a pé e os rodados cara as diferentes entradas, tanto a principal, onde se sitúan as oficinas, como as laterais que dirixen ás naves industriais. Ademais, xa funciona o punto de carga de vehículos eléctricos.

Novas relacionadas

Comentarios