Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xa está aberto o novo parque infantil da praza do Recreo da Laracha

Xa está aberto o novo parque infantil da praza do Recreo da Laracha
O Concello abriu onte ao público para o seu uso o novo parque infantil creado na praza O Recreo, situada en pleno centro da vila da Laracha, a carón da biblioteca municipal, Casa da Cultura e IES Agra de Leborís. Unha zona estratéxica, pois ademais de ser unha zona residencial que conta con varios locais comerciais e de hostalería nas súas inmediacións.
O proxecto foi financiado integramente polo Concello da Laracha con fondos propios municipais.

Comentarios