Martes. 30.04.2024
El tiempo

A Xunta paraliza o Parque Eólico Carboeiro

Plano Parque Eolico Carboeiro
Plano Parque Eolico Carboeiro
A Xunta paraliza o Parque Eólico Carboeiro

Atendendo ás alegacións presentadas polo Concello da Laracha, colectivos conservacionistas e moitos veciños, a Xunta de Galicia vén de anunciar a paralización do proxecto do parque eólico Carboeiro e a súa liña de evacuación.

Desde o Concello da Laracha presentáronse alegacións contra a viabilidade do parque, que contemplaba a instalación de oito aeroxeneradores de 4,5 MW de potencia unitaria, dos cales dous estarían situados no monte de Santa Locaia,
na zona alta da parroquia de Erboedo.
Entre os argumentos técnicos que esgrimiu o Concello cabe citar as posibles afeccións ambientais e paisaxísticas nas poboacións máis próximas aos aeroxeneradores -principalmente, A Portela e Vilarmaior-, así como o impacto visual e acústico. Tamén se expuxo a problemática que podería causar á captación de augas veciñais na zona, especialmente na parcela na que estaba prevista a subestación.

Do mesmo xeito, a sociedade civil e o Concello da Laracha tamén presentou alegacións a outros proxectos de parques eólicos como os de Pedra Queimada (xa rexeitado pola Xunta de Galicia), Meirama, Monteagudo e Coto Loureiro.

MÁIS NOVAS SOBRE EÓLICOS
 

Comentarios