O Concello da Laracha ofrece modelos de alegacións contra o P.E. Carboeiro

Despois de que todos os partidos presentaran alegacións contra o parque eólico de Carboeiro, tócalle á poboación larachesa facer o propio. Para facilitalo, o Concello da Laracha vén de poñer a disposición da cidadanía na web municipal (www.alaracha.gal) documentos tipo de alegacións contra o proxecto do parque eólico Carboeiro e a súa liña de evacuación, que se atopan en período de exposición pública.
Lembran que o proxecto inclúe 2 aerexeneradores na parroquia de Erboedo, moi preto dos nucleos de A Portela e Vilarmaior, e o outro está previsto preto do límite co municipio de Culleredo.
Entre os argumentos técnicos que esgrime o Concello sobre a viabilidade do parque eólico están a necesidade de incluír un estudo máis profundo das posibles afeccións ambientais e paisaxísticas nas poboacións máis próximas aos aeroxeneradores, así como o impacto visual e acústico. Tamén se solicita que a promotora realice un estudo da captación de augas veciñais na zona, especialmente na parcela na que se situaría a subestación, e que especifique as ocupacións de vías pola maquinaria pesada que levaría consigo a execución das obras. Ademais, reclámase que proxecto desenvolva o emprego directo e indirecto que xeraría o parque eólico e os beneficios para a contorna afectada.
A data límite para presentar alegacións é o 4 de xullo.
NOVAS RELACIONADAS
- A Laracha ao completo presenta alegacións contra os proxectos eólicos de Carboeiro e Monteagudo.
- O BNG da Laracha tamén presenta alegacións ao P.E. de Carboeiro pola súa afectación ao Menhir de Erboedo.<(li>
- P.E. Carboeiro: Outros xigantes que ameazan á parroquia larachesa de Erboeiro
- O Concello da Laracha tamén presenta alegacións contra o Parque Eólico Coto Loureiro.
- Xan Fdez. Carrera: Recuperemos o Monte Neme.
- A lamentable batalla da Comunidade de Montes do Ézaro coas empresas eólicas... e a Xustiza.
- P.E. Coto Loureiro: 14 aereoxeneradores sobre A Laracha.
- 4-12-2021: A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.