Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Laracha ao completo presenta alegacións contra os proxectos eólicos de Carboeiro e Monteagudo

  • O BNG lamenta que o concello non informase á veciñanza dos proxectos eólicos malia ter sido informado en 2020.
A Laracha ao completo presenta alegacións contra os proxectos eólicos de Carboeiro e Monteagudo

A sombra dos Parques Eólicos Carboeiro e Monteagudo alóngase na Laracha. Ata o punto de que os 3 partidos van presentar alegacións contra eles. Xa vimos as que presentou o BNG, e desta volta damos conta das que propón tanto o propio goberno popular do Concello, como do PSOE.

Dende o Concello, anuncian que presentará alegacións aos dous documentos, en estado de exposición pública, para o que está a redactar os informes técnicos oportunos que detallarán e explicarán os argumentos legais, urbanísticos, medioambientais e os de impacto paisaxístico nos que se basea a postura municipal.
Mesmo porán á disposición da veciñanza, un modelo de alegacións para que a veciñanza poida sumarse á batalla.

Tamén o PSOE se suma á negativa ao proxecto concreto de Carboeiro. Consideran que “os aeroxeradores e as liñas de evacuación terán un forte impacto na paisaxe, o medio natural e o patrimonio cultural. Preocupa, particularmente, “a fragmentación dos hábitats naturais, así como os prexuízos para a avifauna.” Denuncia tamén “a ausencia dun estudo hidrolóxico que garanta a calidade das masas de auga superficiais e os acuíferos soterrado”.

Lembran que o prazo de alegacións para os casos dos proxectos do parque eólico Carboeiro e a súa liña de evacuación remata o 4 de xullo e o do parque eólico Monteagudo, o 14 de xullo.

O BNG critica que non se informara antes á veciñanza

Denuncia paralelamente o BNG da Laracha, que o Concello xa tiña constancia deste proxecto dende 2020. "Información que non foi trasladada no seu momento á veciñanza. Segundo sinala o Proxecto de Execución, "o único que por parte do concello se obxecta é que unha pista de acceso aos aeroxeneradores colisiona co vial de acceso ao “Marco da Anta” ou “Menhir de Erboedo”. Non aparece ningunha mención á afectación á poboación, habendo núcleos da parroquia de Erboedo situados a uns 800 metros dalgún dos aeroxeneradores, nin tampouco hai outro tipo de obxecións nese informe (segundo o que aparece no Proxecto de Execución)", sinalan dende a oposición..
Por outra banda, informa o BNG da Laracha que vai presentar alegacións ao proxecto de parque eólico “Monteagudo”, como xa fixo cos proxectos de “Coto Loureiros” e “Carboeiro”.

Novas relacionadas

Comentarios