O Concello da Laracha pídelle á empresa promotora do P.E. Carboeiro que deixe de negociar casa por casa
O Parque Eólico Carboeiro está a xerar un rexeitamento frontal da sociedada larachesa. Todos os partidos teñen presentado alegacións contra o proxecto e mesmo o Concello ofrece un modelo de alegacións para que a veciñanza se manifeste oficialmente na súa contra.
Hoxe, o Concello, que segue intentando amosar algo de luz neste mundo de sombras, quere deixar claro que por agora os proxectos do Parque Eólico como da súa Liña de Evacuación non están autorizados, senón que se atopan en proceso de análise.
Quere informao o Concello tras tras ter coñecemento de que persoas propietarias das parcelas afectadas polos proxectos iniciais -aínda sen autorizar- están a ser contactadas por persoal vinculado á empresa promotora do parque eólico Carboeiro para adquirir compromisos sobre os terreos.
Ante esta circunstancia o alcalde, José Manuel López Varela, solicitou unha reunión urxente con responsables da promotora Green Capital Power que se celebrou a pasada mañá. Nela instoulles “a paralizar os contactos cos titulares dos terreos xa que as informacións que están a trasladarlles no momento actual poderían non axustarse á realidade final é dar pé a situacións enganosas ao estar os proxectos aínda en fase de tramitación, sen autorización e expostos a posibles modificacións”.
O Concello anima ás persoas propietarias de ditas parcelas a obter toda a información antes de tomar calquera decisión ao respecto, lembrando que teñen á súa disposición ao persoal técnico do departamento de Urbanismo para realizar as consultas ou aclarar as dúbidas que poidan presentarse.
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 22: O Concello da Laracha ofrece modelos de alegacións contra o P.E. Carboeiro.
- A Laracha ao completo presenta alegacións contra os proxectos eólicos de Carboeiro e Monteagudo.
- P.E. Carboeiro: Outros xigantes que ameazan á parroquia larachesa de Erboeiro
- O Concello da Laracha tamén presenta alegacións contra o Parque Eólico Coto Loureiro.
- Xan Fdez. Carrera: Recuperemos o Monte Neme.
- P.E. Coto Loureiro: 14 aereoxeneradores sobre A Laracha.