Martes. 19.11.2019
El tiempo

1 millón de euros para mellorar os camiños e accesos a explotacións agrarias da bisbarra

1 millón de euros para mellorar os camiños e accesos a explotacións agrarias da bisbarra
Visita do delegado provincial da Xunta as obras de aglomerado dunha rua en Paxarina-Camarinas Visita do delegado provincial da Xunta as obras de aglomerado dunha rúa en Xaviña

A visita, onte, do delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, a Camariñas, serviu para coñecer o Plan Marco de mellora de camiños municipais e acceso a explotacións agrarias para a Costa da Morte. Un plan que deixou nos municipios de Bergantiños e Costa da Morte un investimento en 2018 de 855.143 euros para a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria.

Por exemplo, en Camariñas, o investiron 41.401 euros para o arranxo dunha rúa que dá acceso a un grupo de vivendas na paraxe das Paxariñas, na parroquia de Xaviña. Este camiño, de preto de 700 metros de lonxitude, atopábase moi deteriorado con abundante maleza nas beiras e mesmo no centro, así como numerosas fochancas e irregularidades.
As obras consistiron, en primeiro lugar, na limpeza e escavación das cunetas da pista. A continuación abriuse a caixa da rúa para a preparación do firme a base de zahorra, macadam e posterior pavimentación cunha capa de aglomerado asfáltico de sete centímetros de espesor.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-37-dos-fondos-do-pos-empregados-polos-concellos-para-pavimentacions-e-saneamentos/

Comentarios