Xoves. 09.12.2021
El tiempo

1 millón de euros para mellorar a estrada entre Cabana e a Autovía

Ethel Vazquez en Cabana de Bergantiños 1
A Conselleira Ethel Vázquez acompañado polos alcaldes de Cabana e Coristanco
1 millón de euros para mellorar a estrada entre Cabana e a Autovía

Lugares como a Mata, Baneira, Silvarredonda ou A Granxa, verán mellorado o seu acceso á autovía gracias ás novas obras que hoxe anunciaba a Xunta de Galicia. A Conselleira achegábase á zona para apuntar que está aberta a licitación das obras da primeira fase de mellora da estrada AC-423, que une Grilloi e Rempenín con Ponteceso.

As empresas teñen ata o 12 de abril para presentar ofertas, co obxectivo de iniciar as obras no verán e rematalas a comezos de 2022. A Xunta tamén prevé publicar en poucos días a convocatoria dos actos expropiatorios das 17 fincas necesarias para executar as obras: o levantamento de actas previas, previsiblemente, para o mes de abril, e a posterior formalización das actas de ocupación, en xuño.

As obras consistirán na reforma do firme e estenderase nova capa de rodadura en 5,3 km da estrada, executando ademais sendas peonís en tres tramos, e actuando tamén na rectificación das curvas con radio reducido nun tramo de 0,5 km.

AC-423 a altura da Mata
A estrada ao seu paso pola Mata

Senda entre Coristanco e Carballo

Aproveitou a Conselleira para sinalar que a Xunta vai adxudicar en breve a senda entre Carballo e Coristanco, na AC-552, co obxectivo de iniciar as obras xa en abril, un novo itinerario que suporá un investimento autonómico de máis de 1M€.

comentarios