Sábado. 21.09.2019
El tiempo

11 anos compartindo culturas co irmandamento entre Cabana e a vila francesa de Treize-Septiers

11 anos compartindo culturas co irmandamento entre Cabana e a vila francesa de Treize-Septiers
Visita dunha delegacion de Cabana a Treize-Septiers

Tremendamente proveitosas son os irmandamentos dos concellos galegos cos concellos doutros países. Temos exemplos na bisbarra, como o de Carballo con Isle de Jordan, ou o de Cabana de Bergantiños ca vila francesa de Treize-Septiers.

Un irmandamento, o cabanés-francés, que xa leva 11 anos unindo dúas culturas, dous mundos, a través da convivencia.

Dende o pasado 6 de xullo, unha completa delegación cabanesa, está de visita en Francia. Foi recibida, con banda de música e todo, nunha visita que se centrou nun feito histórico na pequena localidade francesa, o paso da 2ª etapa do Tour de Francia polo centro do pobo.

Ademais da visita á cercana localidade histórica de Saumur e a participación nos actos do Día da Música en Francia (7 de xullo), o domingo 8 de xullo a delegación cabanesa quedou gratamente sorprendida pola boa organización e o movemento social ou turístico que pode ter un evento deportivo desta magnitude. Todo xira arredor da caravana do Tour durante eses días.

A visita rematou o luns 9 de xullo trala cerimonia oficial de despedida con intercambio de agasallos e a renovación das sinaturas na Carta de Irmanamento por parte dos dous concellos. Na delegación cabanesa, acompañaron a José Muíño a presidenta da Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Anllóns, varias mariscadoras, o concelleiro de obras e servizos, profesores e mestres do Cpi As Revoltas, así como representantes do Departamento de Cultura, Xuventude e Turismo.

Futuros intercambios

Ademais destas actividades, xa se foron concretando futuros intercambios entre os máis xóvenes como a visita do alumnado do Instituto de Montaigú ó Cpi As Revoltas en 2019 e un programa conxunto dos dous concellos para a mocidade titulado "Dinero en tu bolsillo" onde os mozos realizarán tarefas pola mañá e a cambio recibirán actividades formativas e de lecer polas tardes.

Novas relacionadas

Comentarios