Venres. 29.03.2024
El tiempo

15 valientes fan estes días o Ultra Trail Costa da Morte

15 valientes fan estes días o Ultra Trail Costa da Morte
Valentes do Ultra Trail durante a primeira etapa-Foto-Amboade

265 quilómetros de litoral. 14 concellos. 15 valientes. Así é o Ultra Trail Costa da Morte que arrincaba o pasado sábado en Caión (Laracha) e acabará este venres 21 de setembro no Pindo (Carnota). Hoxe mércores 19, chegaron ao mediodía a Muxía, e mañá partirán cara Fisterra no que é a etapa máis longa da proba, con 50 km. O último día, o venres, a etapa Fisterra o Pindo servirá para poñer fin a esta brava aventura.

O suizo Diego Pazos, coñecido como “Zpeedy”, está sendo un dos grandes protagonistas, pois xa venceu varias etapas, aínda que nestas probas o importante é chegar, non chegar antes que os demais. O compañerismo é unha das claves do éxito destas citas de deporte extremo

Diego Pazos Zpeedy na chegada a Muxía-Foto-Amboade Diego Pazos Zpeedy a sua chegada a Muxia-Foto-Santi Perez Diego Pazos Zpeedy a súa chegada a Muxia-Foto-Santi Perez

Hai varios costeiros entre os participantes, como o deportista Quito Ponteceso, o piloto laxeiro Dani Carracedo ou o árbitro de Cerqueda, Marcos Ordóñez, que fixo a primeira etapa para prepararse para o Ironman de Cieia. "Non pode haber unha ruta máis bonita e tan ben organizada. Un pracer correr pola nosa costa. Para o ano que ven tentarei facela enteira", recoñece o colexiado malpicán.

Os deportistas están disfrutando das salvaxes paisaxes da nosa bisbarra e confían en que nun futuro poida ser un referente a nivel internacional atraendo deportistas de todo o mundo e que sirva como foco de atracción turística.

Marcos Ordonez facendo o Ultra Trail Costa da Morte Marcos Ordóñez facendo o Ultra Trail Costa da Morte Fermosas as paisaxes do Ultra trail Costa da Morte-Foto-Amboade Fermosas as paisaxes do Ultra trail Costa da Morte-Foto-Amboade

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-comic-para-dinamizar-o-ultra-trail-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/o-ultra-trail-costa-da-morte-outro-revulsivo-deportivo-para-a-hostaleria-costeira/

Comentarios