Venres. 26.04.2024
El tiempo

Aprendendo a coidar a contorna natural dende a escola e a través do surt

Cabana Surf
Aprendendo a coidar a contorna natural dende a escola e a través do surt

Volveu ter cabida neste final de curso o proxecto ‘Aprende a través do surfing’. Unha iniciativa, subvencionada polo Concello de Cabana e a Deputación da Coruña, e promovida pola Federación Española de Surfing e a entidade Surf and Clean, que trata de achegar o mar, e o respecto medioambiental, ás aulas. Un proxecto semellante ao que a Escola Cataventos desenvolve, a través da vela, e 13 centros de 6 concellos do sur da comarca.

Dende o pasado mes de abril e ata este fin de curso, a rapazada do  CPI As Revoltas e da Escola Unitaria de Neaño do CRA Nosa Señora do Faro realizaron varias saídas ás praias de Soesto, Malpica, Reira, Traba de Laxe e Arou

En cada unha das xornadas, un grupo integrado por un total de 15 nenas e nenos tivo ocasión de iniciarse na práctica do surf e conectar tamén cos valores deste deporte fora da auga.

Cabana Surf 3

Cabana Surf 2

Comentarios