Mércores. 16.10.2019
El tiempo

3 colectivos costeiros participan nas alegacións conxuntas ao Plano Forestal galego

3 colectivos costeiros participan nas alegacións conxuntas ao Plano Forestal galego
monte-eucaliptos

As comprometidas asociacións costeiras, Boca de Sapo (Corcubión); Carballo Vivo e Petón do Lobo (Cabana) veñen de asinar o texto das alegacións ao Plano Forestal con outros máis de 70 colectivos ecoloxistas, comunidades de montes, sindicatos, organizacións sectoriais e empresariais de Galicia.

As entidades denuncian o que chaman “Plan Forestal PP-ECNCE”, por “eucaliptizador, pirófilo, lesivo para a biodiversidade, privatizador…” e consideran que o monte galego ten que servir para máis usos “(multifuncionalidade, ecosistémicos) intencionadamente esquecidos” no plano.

ADEGA e as entidades asinantes lembran que o anterior Plano Forestal, do 1992, só permitía a implantación de 245.000ha de eucalipto ata o ano 2032, e cando estamos en 2018 xa superamos as 500.000. Así o novo texto “legaliza” estes incumprimentos e fomenta “os cultivos enerxéticos e a madeira de baixo valor engadido”: Por iso entende que o plano está desenvolto pola “Xunta seguindo os ditados de ENCE”. “O lobby pasteiro-enerxético quere ter a medio país producindo eucalipto para pasta e ao outro medio madeira de crecemento rápido para queimar e engordar o negocio eléctrico”.

Os colectivos lamentan que o Plano “non aposta pola sustentabilidade das explotacións forestais”, “esquece a conservación da diversidade ecolóxica e os usos ecosistémicos do monte”, e “baixa os brazos na loita contra as especies invasoras”.

Novas relacionadas

“Corcubión salvou ás aldeas gracias a outra xestión do bosque” — Que pasa na costa https://quepasanacosta.gal/as-brigadas-deseucaliptizadoras-ponse-en-marcha-en-corcubion/ https://quepasanacosta.gal/a-asociacion-forestal-de-galicia-amosa-a-sua-preocupacion-polo-descoido-da-xunta-na-xestion-da-madeira-queimada/

Artigos sobre os incendios

Fonte

Comentarios