Venres. 26.04.2024
El tiempo

3 persoas con discapacidade seguirán sendo as responsables da xardinería en Cabana

3 persoas con discapacidade seguirán sendo as responsables da xardinería en Cabana
xardins-cabana

3 persoas, todas con discapacidade, son as que se van encargar no Concello de Cabana do coidado das áreas recreativas, labores de conservación e mantemento de prazas públicas, do paseo marítimo e fluvial, da zona do concello, das sendas peonís, parques infantís e beirarrúas.
Así o acordaban onte Conselleiro Delegado de Galega de Economía Social, Ramón Sestayo Lestón, e mailo Alcalde do Concello de Cabana de Bergantiños, José Muiño, nun acordo a través do cal a empresa Dixardín, pertencente a Galega de Economía Social, vai seguir, un ano máis, realizando os traballos de mellora das zonas verdes municipais. Na sinatura estivo tamén presente o Xerente da empresa, Carlos Iglesias.

A partir da sinatura deste convenio, que vai ter unha duración de sete meses, é a empresa Dixardín a que se vai encargar de arranxar os espazos verdes das áreas recreativas de Ponteceso de Cabana, Regueiras, As Grelas e o Concello Vello.

Outros traballos que vai acometer Dixardín no concello son de conservación e mantemento dos seguintes espazos públicos: as prazas de Canduas e A Carballa, os paseos marítimo e fluvial de Cabana de Bergantiños, as zonas verdes da Casa Consistorial, as sendas peonís e isletas AC-431, a área recreativa e parque infantil de A Carballa ademais das beirarrúas.

Os traballos que se van acometer van ser tanto de sega, recollida de restos e reposición de bolsas en papeleiras, de podas de arborado, limpeza de xardinerías, eliminación de restos vexetais en pavimento e recorte de pólas.

Dixardín

Dixardín é un dos dez centros especiais de emprego que forman parte de Galega de Economía Social, grupo empresarial no que máis do 95% do persoal que ten posúe un certificado de discapacidade ou de incapacidade laboral.
Dixardín está formada por 28 traballadores, 18 destes son operarios das instalacións que ten en Milladoiro, no concello de Ames, 6 traballan no centro que está no concello de Arzúa, 3 traballan en Laxe e 1 en Muros.
A empresa nace en 2010 e dedícase ao deseño e paisaxismo, construción e conservación de parques e espazos verdes, ofrecendo un servizo integral de zonas verdes.

Fonte

  • COGAMI.

Comentarios