Venres. 03.05.2024
El tiempo

800.000€ para a estrada que une Neaño e Allo

Cabana Neaño 1
800.000€ para a estrada que une Neaño e Allo

A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade no pleno celebrado este venres, 28 de abril, a actuación de mellora da seguridade vial na estrada provincial DP-1406, no tramo que vai de Neaño ao Allo, pasando por Cesullas, unindo os concellos de Cabana e Zas

A actuación, que se realizará entre os PQ 0+680 e o PQ 1+900, conta cun orzamento de 802.384 euros.

As obras a realizar consisten na execución dunha senda de dous metros de ancho, pola marxe dereita da estrada entre o PQ 0+680 e o PQ 1+900, e na ampliación da plataforma ata conseguir dous carrís de 3,5 metros e beiravías de 0,5 metros, salvo na zona na que se executan os muros, na cal a beiravía da marxe esquerda terá un ancho de 1 metro.

Comentarios