Xoves. 22.08.2019
El tiempo

Colectivos costeiros reflexionan sobre a corrupción que pode xerar a Lei de Depredación de Galicia

Colectivos costeiros reflexionan sobre a corrupción que pode xerar a Lei de Depredación de Galicia
Encontro de 9 colectivos costeiros sobre a Lei de Depredacion de Galicia en Carballo Encontro de 9 colectivos costeiros sobre a Lei de Depredación de Galicia en Carballo

Interesante xuntanza a celebrada o pasado sábado 7 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo. 9 colectivos costeiros (Asoc. Petón do Lobo, Asoc. Contramínate, Plataf. pola defensa das terras de Coristanco, Plataf. pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, a Asoc. de veciños de Cereo, a Asoc. Lourido de Valenza, a Asoc. Cova Crea, a Asoc. Ouriol do Anllóns e a Plafat. Contraminacción) convocaban á veciñanza para debatir sobre a que chaman futura “Lei de Depredación de Galicia” ou mesmo “Lei de Indefensión Ambiental”; a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais.

Unha cita que serviu para informar, un dos grandes cabalos de batalla nestas modificacións das leis cando “unen” multinacionais co rural e o espazo natural.

Conclusións

Son varias as conclusións que sacaron os colectivos, mentres a ≤a href=https://www.change.org/p/paremos-a-leidepredaciongaliza-do-pp-galego-antes-do-17-de-outubro>colleita de sinaturas en Change.org para paralizar a lei xa se achega ás 20.000:

- ”A futura lei de depredación de Galicia senta as bases para a existencia dunha posible corrupción transversal en materia de industria no berce da Xunta de Galicia.:
Por que tantos privilexios para as grandes corporacións e multinacionais e non ás pequenas e medianas empresas de Galicia? Por que estes privilexios que se outorgarán a estas grandes empresas será a costa das xentes e dos recursos do rural?.

- O extraño caso da empresa panameña Mineira de Corcoesto, S.A. e a súa matriz canadiana Edgewater:
Lembran o caso da carta escrita: A Notice of dispute presentada pola filial da empresa canadiana Edgewater realiza unha grave acusación referida á administración da Xunta de Galicia. Así a empresa afirma que se resistiu ás solicitudes de suborno realizadas polas autoridades galegas, pese a non denunciar tales feitos ante os Tribunais galegos. A empresa chega a afirmar incluso que foi obxecto de prevaricación, ameazas e extorsións.

- O sospeitoso empoderamento da Dirección Xeral de Enerxía e Minas e do Sr. Tahoces.:
O director Xeral de Enerxía e Minas Tahoces deberá dimitir.

- A futura lei de depredación de Galicia e a súa relación co TTIP e o CETA.:
Por outra banda, calquer conflito entre a Xunta de Galicia e estas grandes empresas sería resolto en  procedementos de arbitraxe internacional ao abeiro de tratados como o TTIP e o CETA. O sistema de arbitraxe internacional converteuse nun lucrativo negocio controlado por un selecto grupo de bufetes, avogados e árbitros que con celo, escurantismo e defensa acérrima dun sistema envorcando en favor dos intereses e dereitos das multinacionais, asegúralles voluminosas minutas e pecha sobre se mesmos a posta en práctica deste sistema viciado de irregularidades. Aínda por riba, existe unha práctica de portas xiratorias entre árbitros e avogados que pasan a desempeñar ambas as funcións, entrando á súa vez como asesores de gobernos para o redactado de Tratados e dando lugar a unha manifesta falla de independencia deste sistema de arbitraxe.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios